As lembranzas da avoa

Receita do Capón de Vilalba realizada por Restaurante Cervexería Lembranzas

Autor: Restaurante Cervexería Lembranzas

INGREDIENTES

  • Moita Paciencia
  • Capón de Vilalba
  • 2 Cebolas
  • 2 Pementos Vermellos e 2 Verdes
  • 3 Dentes de Allo
  • Perexil
  • Pingo
  • Sal

ELABORACIÓN

Un día antes, cortamos e deixamos en adobo o cpón coa sal, allo e perexil. Facemos un caldo coa cabeza e as patas do capón.

Ao día seguinte, refogamos a cebola e os pementos con un pouco de pingo nunha cazola. Douramos tamén o capón adobado noutro recipinte.

Unha vez que o capón estea ben dourado, poñemos na cazola coas hortigas o lume lento entre 2:30 – 3:00 horas.

Usaremos o caldo preparado o día anterior para ir regando a nosa cazola do capón.

A esta receita podémoslle engadir productos da comarca da Terra Chá, cogomelos de tempada, castañas, queixo San Simón ou mel.

Compartir:

Share on facebook
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Outras Receitas

Capón de Vilalba con Fabas de Lourenzá

Receta de Capón de Vilalba realizada por A Nova Ruta

Capón en Canelón

Receta de Capón de Vilalba realizada por Attica21

Capón Recheo

Receta de Capón de Vilalba realizada por Restaurante Cascudo

Capón de Vilalba guisado, acompañado con produtos da terra

Receita do Capón de Vilalba realizada polo Chef do Parador de Vilalba