Autor: Restaurante Cervexería Lembranzas
INGREDIENTES
- Moita Paciencia
- Capón de Vilalba
- 2 Cebolas
- 2 Pementos Vermellos e 2 Verdes
- 3 Dentes de Allo
- Perexil
- Pingo
- Sal
ELABORACIÓN
Un día antes, cortamos e deixamos en adobo o cpón coa sal, allo e perexil. Facemos un caldo coa cabeza e as patas do capón.
Ao día seguinte, refogamos a cebola e os pementos con un pouco de pingo nunha cazola. Douramos tamén o capón adobado noutro recipinte.
Unha vez que o capón estea ben dourado, poñemos na cazola coas hortigas o lume lento entre 2:30 – 3:00 horas.
Usaremos o caldo preparado o día anterior para ir regando a nosa cazola do capón.
A esta receita podémoslle engadir productos da comarca da Terra Chá, cogomelos de tempada, castañas, queixo San Simón ou mel.